Formación ambiental especializada

Dada a especialización e experiencia da que dispón adantia, s.l. e os seus técnicos nas distintas áreas medioambientais, nos últimos anos tense iniciado unha liña de participación en cursos de contido específico nos que adantia, s.l. aporta o coñecemento adquirido no desenvolvemento dos traballos.

Os cursos e xornadas nas que adantia, s.l. ten participado foron organizados por centros de formación privados ou por entidades públicas -de ámbito autonómico ou estatal-, obtendo algúns deles o recoñecemento de Interese Ambiental por parte da Administración competente.

Entre as áreas nas que se ten impartido formación especializada destacan a relativa a sistemas de información xeográfica, control de depuradoras de augas residuais e especificamente sobre a ordenación do servizo público de depuración de augas residuais urbanas, aspectos relacionado coa xestión do canon de saneamento, a implantación da Directiva Marco da Auga e sobre a xestión de proxectos LIFE.

O perfil dos alumnos axústase a profesionais e técnicos tanto de institucións públicas como de entidades privadas con responsabilidades nas tarefas de ordenación, planificación e dirección de traballos relacionados co medio ambiente.